Saturday 27 de April de 2024

A Banda Municipal de Música de Brión ofrece mañá sábado o seu Concerto de Nadal


 

O centro social polivalente de Brión acollerá mañá sábado 22 de decembro, ás 20:00 horas, o tradicional Concerto de Nadal da Banda Municipal de Música de Brión. Un recital froito do convenio de colaboración entre o Concello de Brión e a Banda Municipal de Música brionesa para a celebración de distintas actuacións no municipio ao longo de todo o ano e que nesta ocasión contará coa colaboración instrumental da Deputación da Coruña. A entrada é libre e de balde.